Xunta, UPTA e empresarios de atraccións de feira analizan novas vías de colaboración

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2025

O secretario xeral de Industria e Planificación Enerxética, Nicolás Vázquez, e a directora de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, reuníronse esta mañá co presidente da Unión de Profesionales y Trabajadores Autónomos (UPTA), Eduardo Abad, e con representantes dos Empresarios de Atraccións de Feira de Galicia (Emafega) para abordar novas liñas de colaboración futura. 

Segundo explicou Vázquez ao remate do encontro, analizáronse, entre outras cuestións, posibles iniciativas para a simplificación e axilización das tramitacións ao tempo que se repasou a normativa que regula as atraccións de feira en Galicia.

Deja un comentario