Xosé Merelles recibe ao 2CV Club do Porto que escolleu Galicia como destino no seu plan de eventos de 2025

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiu hoxe un grupo de integrantes do 2CV Club do Porto que están a visitar estes días Galicia en 30 coches Citroën 2CV a modo de paseo simbólico para preservar, recuperar e divulgar este modelo de vehículo.

O Club foi fundando no anos 1996 por propietarios destes coches e levan a cabo diferentes actividades anuais para poñer en valor este modelo de vehículo. Xosé Merelles agradeceu ter escollido nesta ocasión o destino galego e animou a que repitan a experiencia en diferentes localizacións de Galicia para vindeiras edicións.

Deja un comentario