Villares participa na I edición da Xornada Mariñeira de Ortigueira

Ortigueira (A Coruña), 28 de decembro de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este sábado na I edición da Xornada Mariñeira, coa que a localidade de Ortigueira rende homenaxe no día de hoxe  aos mariñeiros que crearon un deporte que actualmente está acadando unha gran participación na vila como é o remo. Trátase dunha cita impulsada pola Confraría de Pescadores de Espasante na que participaron 8 clubs, 48 equipos de batel masculino e feminino e 240 remeiros e remeiras.

A cita, que se desenvolveu no peirao da localidade, comezou coa homenaxe a todos os deportistas participantes e seguiu cunha emotiva ofrenda á xente do mar, quen anos atrás comezara coas disputas nas súas traíñas para chegar primeiro á lonxa e vender mellor os seus produtos o que hoxe se converteu nun deporte recoñecido e que está adquirindo gran participación en Ortigueira. Tal é así que, segundo destacou o responsable autonómico, este evento é unha homenaxe á xente do mar que neste pobo, coma en outros tantos de Galicia, deixou a súa pegada non só coa súa forma de traballar senón tamén co seu carácter e a súa implicación no eido deportivo e social. Villares quixo resaltar que esta celebración non sería posible sen todas as entidades que colaboran na organización desta primeira edición.

Deja un comentario