Villares participa na homenaxe aos falecidos no afundimento do arrastreiro Villa de Pitanxo no 2022

Marín (Pontevedra), 15 de febreiro de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na homenaxe aos 21 tripulantes falecidos no afundimento do buque arrastreiro galego Villa de Pitanxo no banco de Terranova. O evento, que foi promovido polas familias ao carón da placa en recordo deste naufraxio no paseo Alcalde Blanco de Marín, serviu para conmemorar o terceiro aniversario da traxedia marítima. O responsable autonómico, acompañado pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, trasladou, unha vez máis, no nome de todo o Goberno galego o agarimo e apoio do conxunto da sociedade galega. 

Na actualidade, as causas do sinistro continúan a ser investigadas pola Audiencia Nacional que está á espera de recibir o informe da Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim), dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

Deja un comentario