Ferrol, 11 de abril de 2025
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este venres na inauguración da III Festa do Marisco da Semana Santa Ferrolá, organizada pola Confraría de Pescadores desta localidade dende o ano 2023. O evento está considerado como unha das citas gastronómicas máis importantes de Galicia, polo que atrae tanto a locais como a turistas en busca de sabores auténticos e de experiencias culinarias diferentes, grazas á degustación dunha variedade de delicias mariñas frescas e exquisitas.
No transcurso do encontro, o responsable autonómico puxo en valor a importancia deste tipo de encontros que contribúen a concienciar á ciudadanía da importancia de consumir peixe e mariscos tanto para a saúde, debido ao seu alto valor proteico, como para impulsar a economía que leva asociada, tanto directa como indirecta, a actividade marítimo-pesqueira de Galicia. Con esta finalidade, Villares trasladou ao apoio do Goberno galego aos organizadores da festa, xa que, a colaboración institucional e público-privada, é a maneira de garantir a sostibilidade dun sector que para Galicia é estratéxico en termos socioeconómicos. A cita durará once días, debido á alta asistencia de público nas edicións anteriores, polo que a deste ano será a máis longa dende que se puxo en marcha.