Valentín García pon en valor a figura de Ramón Piñeiro polo alento do espíritu galego na celebración do 110º aniversario do seu nacemento

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou hoxe en Santiago de Compostela a edición comentada de Filosofía da Saudade, de Ramón Piñeiro, a obra editada pola Xunta de Galicia para conmemorar a celebración do 110º aniversario do nacemento do escritor, político e filósofo que foi unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX e homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 2009.

No acto, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fixo fincapé no legado de Ramón Piñeiro como recoñecido galeguista “sempre moi comprometido coa difusión da cultura e da lingua galega en todos os ámbitos, acción coa que o Goberno galego se amosa firmemente comprometido”. Neste senso, resaltou o acercamento das grandes figuras da nosa terra a toda a sociedade porque os seus textos axúdannos a comprender o mundo no que vivimos hoxe, tal e como ven facendo a través dos seus estudos o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Deja un comentario