Xosé Merelles estuda co presidente de Agalber unha futura liña de colaboración en formación e xestión de albergues

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2025 O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber), Miguel Ángel Rodríguez, no que abordaron a posibilidade dunha futura colaboración nos eidos da formación e xestión de albergues. Durante a xuntanza, Xosé Merelles salientou a posibilidade … Leer más

A Xunta participa en Lalín na entrega de premios do certame de escaparates de Aldeas de Nadal e destaca o éxito desta iniciativa a prol do comercio local

Este concurso, apoiado polo Goberno galego, contou coa participación de 31 comercios e complementouse coa posta en valor de catro escaparates baleiros nos que se recrearon diferentes escenografías e estampas navideñas 

Un total de 323 colexios galegos benefícianse este curso das axudas de Medio Rural por importe de máis de 1 M€ para distribución de leite e froita na escola

A conselleira María José Gómez puxo hoxe en valor estas achegas nunha visita ao colexio Froebel de Pontevedra, beneficiario desta iniciativa, que ten previsto chegar ata uns 80.000 alumnos en toda a comunidade autónoma