A Xunta convoca á comisión de control da violencia polos feitos do Sanxenxo – Rasoeiro e desexa unha pronta recuperación ao afeccionado ferido
Tras menos de 24 horas dende o acaecemento dos feitos, o secretario xeral para o Deporte advirte que “a Comisión seguirá traballando día a día para que ningún suceso violento quede impune. Debemos mandar unha mensaxe clara de tolerancia cero fronte a calquera conduta violenta no deporte”