A Xunta premia cinco centros galegos no marco do concurso Eduemprende Idea 2024 para fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado

O DOG vén de publicar a concesión de distincións a dúas propostas do CIFP Politécnico de Santiago e a outras catro do IES A Guía (Vigo) e dos CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa), Paseo das Pontes (A Coruña) e Portovello (Ourense)

A Xunta licita por 3,5 M€ a actualización tecnolóxica, soporte e subministro de software para o sistema sanitario público

Trátase dun servizo necesario debido á continua evolución dos sistemas de información do Sergas, que implican proxectos de historia clínica intelixente, big data, empoderamento do paciente, teleconsulta ou diagnostico de imaxe médica

A Xunta pon en valor o labor da Asociación Boirense de Empresarios á hora de dinamizar o comercio local

Boiro (A Coruña), 10 de xaneiro de 2025 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, estivo hoxe no concello coruñés de Boiro, onde visitou a praza de abastos e diversos establecementos comerciais, ademais de participar na entrega de premios no marco da campaña de Nadal organizada pola Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e … Leer más

Diego Calvo asiste á toma de posesión do novo xefe de mando de apoio á manobra

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, no Palacio da Capitanía da Coruña, ao acto de toma de posesión do xeneral de brigada Marcial González Prada como novo xefe de mando de apoio á manobra.

Diego Calvo asiste ao partido da Eurocopa de baloncesto feminino entre o Baxi Ferrol e o DVTK Miskolc de Hungría

Ferrol, 9 de xaneiro de 2025 O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu ao primeiro partido de oitavos de final da Eurocopa de baloncesto feminino entre o Baxi Ferrol e o DVTK Miskolc de Hungría celebrado no pavillón ferrolán da Malata.