Medio Rural convoca as axudas de apoio ó labor das entidades recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, dotadas cun millón de euros
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde para compensar en parte os gastos xerados ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro, en atención aos beneficios que o sector recibe pola implantación deste sistema