Dereito celebra o seu patrón coa participación da primeira presidenta do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos

Venres, 24 de xaneiro de 2025 A Facultade de Dereito celebrou este venres a festividade do seu patrón, San Raimundo de Peñafort, nun acto que presidiu o reitor da USC, Antonio López, e que contou coa asistencia de numerosas autoridades civís e académicas, como a decana da Facultade de Dereito de Ourense, o decano da … Leer más

O Idega traballa na preservación do patrimonio cultural de comunidades vulnerables de Ecuador e El Salvador

Venres, 24 de xaneiro de 2025 O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC participa, a través do grupo de investigación ANTE, no proxecto europeo EPSULA, que aborda os problemas urxentes de exclusión social en comunidades vulnerables de áreas remotas e rurais en Ecuador e El Salvador mediante a creación dun entorno … Leer más

A simetría do universo, a proba: hai equilibrio no sentido de xiro dos buracos negros?

Xoves, 23 de xaneiro de 2025 Un traballo liderado por persoal investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), a Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) e a Universidade de Valencia (UV) estuda a posible existencia de asimetrías no universo a través da análise do sentido de xiro das fusións de buracos negros. … Leer más

Beatriz Pelaz, Cristina Gómez, Iria Gómez e Sara González, con nome propio na ciencia galega

Xoves, 23 de xaneiro de 2025 Catro investigadoras da USC recolleron este mércores os premios RAGC-UIE na súa primeira edición, que recoñecen as traxectorias de investigadoras e investigadores novos que desenvolven a súa carreira en centros de Galicia. Beatriz Pelaz e Iria Gómez, en Ciencias BásicasAsí, na de Ciencias Básicas a galardoada foi Beatriz Pelaz, … Leer más

Xoves, 23 de xaneiro de 2025 A nova formulación estratéxica para o período 2026-2029 do Campus Terra da USC centrarase na formación de calidade para asegurar a empregabilidade e a remuda xeracional, así como no desenvolvemento de novos coñecementos e avances tecnolóxicos que fomenten a competitividade do tecido produtivo e contribúan á creación de emprego … Leer más

Aspanaes recolle o diploma do Premio Humanitas

Mércores, 22 de xaneiro de 2025 A Asociación de Pais e Nais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (ASPANAES) foi merecedora do Premio Humanitas na súa convocatoria de 2024 que conceden o Consello Social da USC e a Asociación de Antigas Alumnas e Alumnos. Con tal motivo, este mércores o reitor Antonio López entregoulle … Leer más

Chega a cuarta edición dos webinarios de presentación da oferta académica de mestrados da USC ao mercado latinoamericano

Mércores, 22 de xaneiro de 2025 A Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, a través da súa Oficina de Captación Internacional, está a organizar estes días dous webinarios para presentar a oferta académica de mestrados oficiais da USC cara ao mercado latinoamericano. A iniciativa forma parte da estratexia de captación de estudantado internacional para o curso … Leer más

O programa Reciclos incrementou o ano pasado nun 7,5% a recollida de envases nas máquinas de Lugo e Compostela

Lugo, Santiago de Compostela Mércores, 22 de xaneiro de 2025 As sete máquinas Reciclos instaladas en diferentes puntos da USC recolleron ao longo de 2024 un total de 984 latas e 9.130 botellas. Estas cifras supoñen un incremento do 7,5% con respecto ao ano anterior e evidencian o compromiso da comunidade universitaria coa práctica da … Leer más

Últimos días para visitar en Filoloxía a mostra cos valiosos fondos bibliográficos de Luís de Camões na USC

Martes, 21 de xaneiro de 2025 A Facultade de Filoloxía mantén expostos ata o 31 de xaneiro os fondos bibliográficos de obras de Luís de Camões na Universidade compostelá, con motivo do quinto centenario do seu nacemento. Son máis de cincuenta exemplares que mostran a atención constante da USC a esta figura das letras portuguesas … Leer más

Propoñen melloras na xestión das Indicacións Xeográficas transfronteirizas para que actúen como verdadeiros vectores de desenvolvemento rexional

Martes, 21 de xaneiro de 2025 As Indicacións Xeográficas (IX) ou Denominacións de Orixe outórganse a determinados alimentos que gozan dunha reputación de calidade baseada nas condicións ambientais e humanas do medio xeográfico no que se producen. Investigadores da Universidade de Santiago acaban de publicar na revista internacional Territory, Politics, Governance un estudo pioneiro sobre … Leer más