A USC traballa na definición da carreira profesional do persoal de investigación

Mércores, 29 de xaneiro de 2025 A Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela está a traballar, da man das organización sindicais que compoñen a Comisión Paritaria para o seguimento do acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e de apoio á investigación, no desenvolvemento da carreira profesional do persoal … Leer más

A biblioteca do Seminario Galego de Educación para a Paz incorpórase aos fondos da USC

Mércores, 29 de xaneiro de 2025 A biblioteca do Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP) formará parte dos fondos da Biblioteca Universitaria da USC logo de que os case 2.000 volumes, na súa inmensa maioría obra impresa, fosen doados á institución. A doazón presentouse este mércores en San Xerome nun acto no que … Leer más

O Instituto de Materiais da USC abre as súas portas ao público o 11 de febreiro

Mércores, 29 de xaneiro de 2025 Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Instituto de Materiais da USC (iMATUS) organiza o 11 de febreiro unha sesión de portas abertas na que se presentarán algúns experimentos sinxelos relacionados coas liñas nas que está a traballar o seu persoal investigador. Abertas … Leer más

Nace Albor Biotech, nova ‘spin-off’ da USC que exercerá de socio estratéxico no desenvolvemento de solucións para as patoloxías asociadas ao síndrome metabólico

Mércores, 29 de xaneiro de 2025 Albor Biotech, con sede en Santiago de Compostela, é unha nova compañía do sector biotecnolóxico de Galicia. A spin-off da USC, xa constituída oficialmente, posicionarase como socia estratéxica no desenvolvemento de novas solucións terapéuticas. Especializada en servizos para a industria farmacéutica e biotecnolóxica, nace co respaldo da USC e … Leer más

O equipo EUniWell da USC fai balance do primeiro ano de proxecto e define accións prioritarias

Martes, 28 de xaneiro de 2025 O equipo do consorcio europeo de universidades EUniWell na USC celebrou a semana pasada a súa primeira reunión trimestral do ano 2025 para facer balance do primeiro ano de proxecto EUniWell-WeFF e definir as accións prioritarias para os vindeiros meses. Durante a xuntanza, as persoas implicadas nos distintos paquetes … Leer más

Un total de trece candidaturas optan ao Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

Lugo Martes, 28 de xaneiro de 2025 A convocatoria do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural rexistrou un total de trece candidaturas na que xa é a súa vixésimo quinta edición. Será o vindeiro venres, 31 de xaneiro, cando os membros do xurado examinen todas as propostas presentadas e se dea a coñecer o ditame deste … Leer más

Marta Lois apela a un tempo de liderado social da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

Martes, 28 de xaneiro de 2025 A profesora Marta Lois González tomou posesión este martes do seu cargo como decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais nun concorrido acto que presidiu o reitor Antonio López, quen lle agradeceu a asunción de responsabilidades en xestión, “peza fundamental para o funcionamento institucional e un acto de … Leer más

O equipo EUniWell da USC reúnese para facer balance do primeiro ano de proxecto e definir accións prioritarias

Martes, 28 de xaneiro de 2025 O equipo do consorcio europeo de universidades EUniWell na USC celebrou a semana pasada a súa primeira reunión trimestral do ano 2025 para facer balance do primeiro ano de proxecto EUniWell-WeFF e definir as accións prioritarias para os vindeiros meses. Durante a xuntanza, as persoas implicadas nos distintos paquetes … Leer más

Fondo pesar na USC polo pasamento da profesora Concepción Cabrillana Leal

Luns, 27 de xaneiro de 2025 A USC manifesta o seu profundo pesar polo pasamento da profesora Concepción Cabrillana Leal, catedrática de Filoloxía Latina e docente do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana. A profesora Cabrillana posuía unha destacada traxectoria investigadora, especialmente no ámbito da Lingüística Latina, así como no estudo da comedia latina … Leer más

Dar fortaleza ao Campus Terra implica “achegar importantes beneficios para Lugo e para Galicia no seu conxunto”

Luns, 27 de xaneiro de 2025 “Fortalecer o Campus Terra”. Esa é a grande aposta da USC para os vindeiros anos, tal e como puxo de manifesto o reitor Antonio López Díaz no seu discurso do acto conmemorativo do San Tomé que se desenvolveu este luns 27, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. Dar pulo … Leer más