Lugo Mércores, 27 de novembro de 2024 O certame de divulgación científica DivúlgaT regresa coa súa novena edición, da man da asociación de persoal investigador Agromar. Este evento de divulgación científica reúne cada ano especialistas e público en xeral que queira achegarse ao coñecemento científico de forma amena e accesible. Este evento quere amosar o … Leer más
USC
Especialistas internacionais en Matemáticas buscan en Santiago solucións a problemas industriais e da vida real
Mércores, 27 de novembro de 2024 Especialistas do ámbito universitario e representantes da industria buscan estes días na Facultade de Matemáticas solucións a tres problemas concretos da vida real e do eido industrial, no marco do 184 encontro do European Study Group with Industry (ESGI), coa participación do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de … Leer más
Persoal investigador do CiMUS contribúe ao descubrimento dun novo mecanismo para loitar contra as enfermidades autoinmunes
Mércores, 27 de novembro de 2024 As enfermidades autoinmunes afectan na actualidade entre o 3 e o 5% da poboación mundial e están aumentando de maneira drástica, probablemente como resultado de cambios na nosa exposición a factores ambientais. Padecer unha enfermidade autoinmune implica que o noso sistema inmunolóxico ataca por erro, cando se atopa co … Leer más
O profesor Marcos López de Prado recibe a Orde do Mérito Civil
Martes, 26 de novembro de 2024 O profesor Marcos López de Prado, colaborador do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS no que participa a USC, acaba de recibir a cruz de Oficial e diploma da Real Orde do Mérito Civil, unha das máis altas distincións españolas, que lle foi entregada en Abu Dabi polo embaixador de … Leer más
Catro novas investigadoras da USC ven recoñecidas as súas traxectorias
Martes, 26 de novembro de 2024 Catro investigadoras da USC acaban de ser premiadas na primeira edición dos premios RAGC-UIE, que nacen co propósito de impulsar a investigación científica en Galicia co recoñecemento das traxectorias de investigadoras e investigadores novos que desenvolven a súa carreira en centros de Galicia. A convocatoria distingue tres ramas de … Leer más
A USC participa con cinco equipos na 35 edición dos Xogos Galaico Durienses que ten lugar en Ourense
Martes, 26 de novembro de 2024 Este martes 26 de novembro comeza na cidade de Ourense a 35 edición dos Xogos Galaico Durienses, nos que participan 23 deportistas da Universidade de Santiago, que competirán en cinco disciplinas cos equipos das universidades de Vigo -que organiza este evento deportivo-, Trás-os-Montes e Alto Douro, Porto e Minho, … Leer más
Emotiva recepción ao estudantado que participa dos programas de cooperación internacional da USC
Martes, 26 de novembro de 2024 “Quero expresar o meu máis profundo agradecemento a todos aqueles que fan posible que as persoas que nos atopamos nunha situación tan difícil teñamos a oportunidade de continuar perseguindo os nosos sonos. No meu caso, ter podido seguir cos meus estudos en Medicina que comezara en Ucraína e, logo … Leer más
O Consello de Goberno centrou a súa sesión na planificación académica e titulacións
Luns, 25 de novembro de 2024 O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reuniuse este luns no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome para tratar diversas cuestións, case na súa totalidade referidas a ordenación e planificación académica. Entre outras, tratou o regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado … Leer más
A Universidade de Santiago reafirma o seu compromiso contra a violencia machista
Luns, 25 de novembro de 2024 Representantes do equipo de goberno, da comunidade universitaria dos centros docentes e do Consello do Estudantado da USC gardaron hoxe un minuto de silencio en recordo das vítimas de violencia de xénero e en rexeitamento da violencia contra as mulleres neste 25N. O acto en Santiago tivo lugar na … Leer más
A AVTE asiste en Cádiz á reunión de socios do Poctep IberoBio
Luns, 25 de novembro de 2024 A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC participou estes días na reunión de socios do Poctep IberoBio e nos eventos vinculados a este proxecto de internacionalización do sector biotecnolóxico ibérico transfronteirizo. O encontro desenvolveuse en Cádiz no marco do Foro Economía Azul – Blue Zone Forum. Nestas … Leer más