O Observatorio Astronómico da USC leva ata o Centro Penitenciario de Monterroso un obradoiro de astronomía

Mércores, 4 de decembro de 2024 Membros do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e colaboradoras e colaboradores habituais van impartir este mércores 4 de decembro a partir das 17.00 horas un obradoiro de astronomía no Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo) dentro do seu Plan de Animación Sociocultural e en concreto como parte do … Leer más

Perfil socioeconómico e modelo de ensino impactan nos resultados escolares, segundo un estudo da USC

Mércores, 4 de decembro de 2024 Segregar o alumnado de educación secundaria con peores resultados nalgunhas materias, creando agrupamentos para explicar o contido en grupos máis pequenos e de xeito máis personalizado, parece en principio unha boa idea para prestarlle unha atención máis individualizada ao alumnado con dificultades. Pero a realidade pode ser a contraria, … Leer más

Formación do Profesorado rememora a figura de Arximiro Rico, mestre republicano asasinado por “ensinar a ler a un pobo”

Lugo Martes, 3 de decembro de 2024 ‘Historias por contar da vida dun mestre lucense republicano: Arximiro Rico Trabada (1905-1937)’ é unha acción pedagóxica orientada á recuperación da memoria deste mestre, natural do Concello de Baleira, asasinado en 1937 por “ensinar a ler a un pobo”. Así o explica o profesor da Facultade de Formación … Leer más

Lanzan un concurso de ideas e proxectos que impulsen a circularidade na economía azul e verde

Martes, 3 de decembro de 2024 A Universidade de Santiago lanza o concurso de oportunidades de negocio ‘Emprende Circular Azul e Verde’ coa finalidade de identificar ideas e proxectos que impulsen a circularidade na economía azul e verde. Trátase de identificar 16 oportunidades de negocio de entre as cales serán premiadas as 8 mellores, que … Leer más

Abre o prazo das axudas para actividades de dinamización sociocultural, físico-deportivas e culturais

Martes, 3 de decembro de 2024 A Vicerreitoría de Estudantes e Cultura convocou as axudas destinadas a actividades de dinamización sociocultural, físico-deportivas e culturais nos centros da USC no exercicio 2025. Estas axudas xurdiron para que as facultades e escolas sexan, xunto co Consello do Estudantado, partícipes directas no deseño e execución de actividades que … Leer más

Últimos días para inscribirse no programa Explorer dos campus de Lugo e Santiago

Martes, 3 de decembro de 2024 A vixésima edición do programa Santander X Explorer, que leva xa 14 anos fomentando o emprendemento nas súas etapas máis temperás e apoiando a validación de ideas susceptibles de se converteren en proxectos rendibles e solucións innovadoras, remata o vindeiro 10 de decembro o prazo de inscrición nos campus … Leer más

A USC participa no ‘Informe global sobre cambios transformadores’ para o desenvolvemento sustentable

Martes, 3 de decembro de 2024 Un equipo internacional composto por arredor dun cento de especialistas en distintas disciplinas científicas reúnese do 10 ao 16 de decembro xunto a representantes de 146 gobernos de todo o mundo en Windhoek, Namibia, para a presentación do ‘Informe global sobre cambios transformadores’ elaborado pola Plataforma Intergobernamental Científico-normativa sobre … Leer más

Entregados os premios da sexta edición do Certame de Videocreación

Lugo Luns, 2 de decembro de 2024 O IES Leiras Pulpeiro de Lugo obtivo o premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria, ademais do premio do público, no marco da sexta edición do certame de Videocreación da USC. O galardón Araceli Herrero á mellor linguaxe visual e comunicación foi para a peza presentada por Laura … Leer más

Pedagoxía, 50 anos na construción “dunha sociedade que aspira a ser cada vez máis xusta e equitativa”

Luns, 2 de decembro de 2024 Na tarde do martes 8 de xaneiro de 1974 iniciábanse na Facultade de Medicina compostelá as clases para o estudantado da primeira promoción da licenciatura de Pedagoxía na Universidade de Santiago. Autorizárase de modo provisional o inicio do curso malia que non fora creada oficialmente aínda a Facultade de … Leer más