A UVigo homenaxea nun acto multitudinario o esforzo e talento do alumnado cos mellores expedientes de acceso á universidade

Preto de 700 estudantes do total de 949 que na fase xeral da PAU acadaron unha nota igual ou superior a 8,5 recibiron este venres a homenaxe do Sistema Universitario Galego, na Megau 2025, un acto organizado pola UVigo, xunto ás universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e a Consellería de Educación, Ciencia, … Leer más

Especialistas dunha trintena de países debaten na UVigo sobre os avances en xeotecnoloxía ambiental e enxeñaría sostible

Durante tres días, Vigo convértese no epicetro mundial da xeotecnoloxía ambiental e a enxeñaría sostible. A Escola de Enxeñería Industrial acolle esta semana a celebración da sexta edición do Congreso Internacional EGRWSE-2025, que reúne máis de 200 especialistas procedentes de 31 países dos cinco continentes. Esta é a primeira vez que este simposio se celebra … Leer más

A UVigo logra máis de 200.000 euros para impulsar sete proxectos de divulgación científica

A Universidade de Vigo acaba de conseguir algo máis de 200.000 euros -204.300- de financiamento na convocatoria 2024 da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), destinada a promover entre a cidadanía a cultura científica. Estes fondos permitirán desenvolver sete iniciativas coas que seguir espallando as actividades de fomento da cultura científica, tecnolóxica … Leer más

Dous taekwondistas representarán a UVigo nas olimpíadas universitarias

Preto de 8500 deportistas de 150 países participarán no mes de xullo en Alemaña nos Xogos Mundiais Universitarios, nos que a Universidade de Vigo estará representada polos taekwondistas e estudantes do campus de Pontevedra Desirée Rivadulla e Lois Tomás. Coñecidas como as olimpíadas universitarias, trátase dunha competición promovida pola Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU), … Leer más

5359 estudantes estrean a nova PAU nos tres campus da UVigo

5359 estudantes arrancaron este martes na UVigo os exames da nova Proba de Acceso á Universidade. Aos tradicionais nervios por terse que enfrontar a un dos momentos claves da súa vida académica, este ano súmanse os derivados da transformación da selectividade cara un modelo máis competencial e máis homoxéneo en todas as comunidades autónomas.  De … Leer más

A Universidade de Vigo converte Lalín na capital galega da ciencia 

Este venres 30 de maio, Lalín converteuse na capital galega da ciencia coa cuarta edición de ‘A ciencia que vén ten nome de muller’, unha expo-feira científica organizada pola Universidade de Vigo, que se celebra por primeira vez fóra das cidades que acollen os seus campus. O evento desenvólvese ao longo de toda a xornada … Leer más

A UVigo actualiza o seu protocolo fronte ao acoso sexual garantindo de xeito máis eficaz os dereitos das persoas afectadas

Co apoio unánime do Consello de Goberno, a UVigo dispón desde hoxe dun novo Protocolo de prevención de acción fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, froito da actualización do que estivo en vigor durante os últimos once anos. Adaptado á evolución lexislativa e normativa rexistrada na última década e co … Leer más

O proxecto LabPlas revoluciona o estudo dos microplásticos con novas ferramentas para combater o seu impacto ambiental

Tras catro anos de traballo rastrexando a procedencia dos microplásticos presentes no medio ambiente en diferentes lugares de Europa, o proxecto LabPlas (LAnd-Based solutions for PLAStics in the Sea) baixa o pano coa celebración en Vigo da xuntanza de peche. Este martes os representantes dos 17 socios do consorcio europeo, liderado polo Centro de Investigación … Leer más

A Universidade reafirma o seu compromiso con “recuperar o galego” 

Pór en valor o traballo a prol do idioma da comunidade universitaria foi un dos propósitos centrais do acto institucional co que á Universidade de Vigo se sumaba este xoves a conmemoración do Día das Letras Galegas. A Facultade de Comunicación foi sede dun evento no que a implicación deste centro co idioma foi recoñecida … Leer más

A Universidade de Vigo únense ao brinde pola ciencia do festival de divulgación Pint of Science en Vigo e Ourense

Con máis dun milleiro de eventos en 75 localidades, o festival de divulgación científica Pint of Science encherá de ciencia bares de toda España os días 19, 20 e 21 de maio. A través de charlas divulgativas, monólogos ou experimentos de entre 20 e 30 minutos de duración, investigadoras e investigadores de todas as áreas … Leer más