Lugo Luns, 13 de xaneiro de 2025 O grupo de investigación Proxectos e Planificación (PROEPLA) do Campus Terra da USC estudou a evolución, entre os anos 2007 e 2015, da distancia entre os puntos de orixe dos incendios e as edificacións, tanto en España como en California. Constatar se a distancia entre o foco de … Leer más
Universidad de Santiago de Compostela
Dereito reúne especialistas da USC e da Universidade de Chile no I Congreso Internacional de Ciencia Xurídica
Luns, 13 de xaneiro de 2025 As facultades de Dereito das universidades de Santiago de Compostela e de Chile desenvolven estes días de maneira conxunta o I Congreso Internacional de Ciencia Xurídica, que reúne persoal experto das dúas institucións universitarias. O reitor Antonio López presidiu este luns a sesión inaugural na Facultade compostelá, nun acto … Leer más
Co gallo do 11F, o IGFAE volve xuntar alumnas de bacharelato con científicas do instituto e do CERN
Venres, 10 de xaneiro de 2025 Un ano máis, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, organiza en Santiago a Masterclass Internacional de física de partículas que conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Será o martes 11 de febreiro … Leer más
Venres, 10 de xaneiro de 2025 Coñecer os criterios de avaliación da convocatoria de sexenios é o obxectivo que persegue o obradoiro de busca de indicios de calidade que se desenvolverá ao abeiro do Plan Formativo do Campus Terra o próximo 16 de xaneiro e que se dirixe ao Persoal Docente e Investigador. O prazo … Leer más
Lugo Venres, 10 de xaneiro de 2025 “As novas estudantes deben ter referentes para visualizarse como profesionais técnicas se así o desexan”. Esta é a premisa sobre a que se asenta a actividade ‘Protagonistas, as enxeñeiras’ coa que a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo quere dar visibilidade a referentes femininas no … Leer más
Na procura de voces do estudantado para o Proxecto Nós
Xoves, 9 de xaneiro de 2025 O Proxecto Nós, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia e desde 2023 financiado a través de fondos PERTE-Next Generation, está a levar a cabo unha recollida de datos de voz en galego a través da plataforma Common Voice e as persoas responsables queren … Leer más
Fondo pesar na USC polo pasamento de Emiliano de Vega
Lugo Xoves, 9 de xaneiro de 2025 A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento de Emiliano Héctor de Vega y de Vega, quen desenvolvía a súa actividade como Persoal Técnico de Xestión e de Administración e Servizos nas facultades de Administración e Dirección de Empresas e de Ciencias do Campus de Lugo. Emiliano … Leer más
Un estudo da USC propón maior concreción nas normas para a atención educativa do alumnado con cancro
Xoves, 9 de xaneiro de 2025 A mellora no eido administrativo da atención do alumnado enfermo de cancro é unha das propostas que recolle a tese ‘La colaboración entre los profesionales para el desarrollo educativo de niños y niñas con cáncer’, defendida na USC por Carlos Loureiro Romero, quen tamén suxire lexislar asignando tarefas a … Leer más
O 22 de xaneiro remata o prazo para inscribirse na segunda edición do Certame de grupos musicais da USC
Mércores, 8 de xaneiro de 2025 A segunda edición do Certame de grupos musicais da USC xa está en marcha, co obxectivo de fomentar e darlle visibilidade á actividade artística e creativa orixinal, no ámbito da música moderna, da comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela e especialmente do seu estudantado. Ata o 22 … Leer más
Aberta a convocatoria de idiomas para o segundo semestre do curso do Centro de Linguas Modernas
Mércores, 8 de xaneiro de 2025 Ata o 31 de xaneiro, calquera persoa interesada en aprender un novo idioma ou mellorar as súas competencias nun que xa coñece pode matricularse na nova convocatoria de cursos que o Centro de Linguas Modernas impartirá de febreiro a maio nos campus de Santiago e Lugo. Neste segundo semestre … Leer más