Música, palabra, escena, imaxe e formación abrollan na programación cultural do Campus de Lugo para os vindeiros meses

Venres, 7 de febreiro de 2025 A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, presentou este venres 7 a programación cultural da USC no Campus de Lugo para os vindeiros meses, nun acto que tivo lugar no Pazo de Montenegro. Música, faladoiros, teatro, danza, audiovisual, fotografía e actividades formativas nutren o programa co que … Leer más

11F, Día da muller e a nena na ciencia

Lugo, Santiago de Compostela Venres, 7 de febreiro de 2025 Como cada ano, a Universidade de Santiago súmase o 11 de febreiro á conmemoración en todo o mundo do Día da Muller e a Nena na Ciencia. Arredor desa data, son numerosos os centros en Santiago e Lugo que contemplan accións divulgativas para pór en … Leer más

O profesor José Manuel Sabucedo ingresou na Academia de Psicoloxía de España

Venres, 7 de febreiro de 2025 O catedrático de Psicoloxía Social e membro do Cretus da USC José Manuel Sabucedo Cameselle ingresou este xoves na Academia Española de Psicoloxía, cun discurso sobre Psicoloxía da política no que abordou a irrupción dos extremismos en contextos democráticos e os seus efectos, como os comportamentos grupais poden xerar … Leer más

Arranca o programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’

Santiago de Compostela Xoves, 6 de febreiro de 2025 O programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC en colaboración co Concello de Santiago arrancou este xoves a súa décima edición no compostelán CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei. Alí tivo lugar o obradoiro ‘Física Divertida’ que … Leer más

Iago Millán Entenza, egresado de Física, primeiro nas probas a Radiofísico Interno Residente

Xoves, 6 de febreiro de 2025 O egresado da Facultade de Física da USC, Iago Millán Entenza, obtivo o primeiro posto no marco das probas selectivas 2024 para o acceso no ano 2025, a prazas de Radiofísico Interno Residente (RFIR), convocadas polo Ministerio de Sanidade. Ademais de Millán Entenza, que cursa estudos de doutoramento no … Leer más

Os equipos da USC premiados pola RAGC e a Fundación Barrié recolleron os seus galardóns

Xoves, 6 de febreiro de 2025 Os grupos de investigación da USC recoñecidos nos Premios de Investigación Fundación Barrié-Real Academia Galega de Ciencias recolleron este mércores os seus galardóns na cerimonia de apertura do curso da Academia que tivo lugar no Pazo de San Roque coa presenza do seu presidente, Juan Lema, e o resto … Leer más

A perspectiva de xénero na divulgación científica centra a cuarta edición de ‘Ultravioletas’

Xoves, 6 de febreiro de 2025 A asociación de estudantes Luzada organiza a cuarta edición de ‘Ultravioletas’, no marco do 11 de febreiro Día da Muller e a Nena na Ciencia. O evento, ás 19.15 no iMATUS, céntrase nesta ocasión na divulgación científica con perspectiva de xénero, para o que contan con varias divulgadoras con … Leer más

Roberto Bande toma posesión como decano de ADE coa ollada posta en manter unha oferta docente “atractiva para a sociedade”

Lugo Mércores, 5 de febreiro de 2025 “Cunha oferta basal en estudos de grao consolidada, dende a Facultade estaremos abertos a participar en novas iniciativas que permitan aproveitar as sinerxías que nos ofrece o Campus Terra, contribuíndo con outros centros a xerar valor”. Con estas verbas definiu o profesor Roberto Bande o que será un … Leer más

O mellor teatro universitario, a vindeira semana en Compostela

Mércores, 5 de febreiro de 2025 Do 11 ao 15 de febreiro, o XXIX Festival Internacional de Teatro Universitario da USC abre en Compostela unha fiestra ás creacións teatrais desenvolvidas por compañías das contornas galega, estatal e europea. Ademais da Aula de Teatro da USC, nesta edición participan as escolas de teatro das Universidades de … Leer más