María Teresa Soler Roch e Duarte Nuno Vieira, novos honoris causa da USC

Santiago de Compostela Xoves, 20 de marzo de 2025 A Universidade de Santiago de Compostela investirá como doutora e doutor honoris causa a María Teresa Soler Roch e Duarte Nuno Vieira, respectivamente, nun acto académico que presidirá o 28 de marzo, ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o reitor Antonio López. … Leer más

USC e Xunta traballarán de xeito coordinado na optimización da docencia clínica de Medicina desenvolvida na rede do Sergas

Santiago de Compostela Mércores, 19 de marzo de 2025 Santiago, mércores 19 de marzo de 2025. Un grupo de traballo constituído por representantes universitarios e da administración autonómica planificarán a partir do vindeiro mes de maio a ampliación da docencia clínica do grao en Medicina impartida nos hospitais clínicos universitarios do Sergas, nomeadamente nos da … Leer más

A primavera comeza este xoves 20, ás 10.00 horas

Mércores, 19 de marzo de 2025 A primavera comezará este xoves 20 de marzo, ás 10.00 horas, e prolongarase durante case 93 días, ata as 22.42 do 21 de xuño. O inicio da nova estación prodúcese cando o Sol  pasa polo punto Aries, ou equinoccio de marzo, un dos dous puntos de corte da órbita … Leer más

Un estudo avalía a naturalidade do cambio estacional de hora e cuestiona os fundamentos da crítica actual a esta práctica

Santiago de Compostela Mércores, 19 de marzo de 2025 O cambio de hora para adoptar o horario de verán produciuse en boa parte dos Estados Unidos o pasado 9 de marzo no medio dun debate público arredor da súa pertinencia. Nun contexto no que a administración Trump considera a posibilidade de abolir a mudanza horaria, … Leer más

O IMPACT THON USC premia cinco proxectos innovadores

Mércores, 19 de marzo de 2025 A primeira edición do IMPACT THON USC rematou con seis equipos premiados por cinco proxectos innovadores – EstudIa, Ouvia, Green Dots, Senda Verde e Medication tracker-, todos eles co denominador común de ofrecer solucións tecnolóxicas con impacto social ou ambiental, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).   … Leer más

Mª Teresa Carrillo, relatora na XV Edición de Neurobeers

Martes, 18 de marzo de 2025 NeuroBeers é un evento socio-científico informal que se realiza tres veces ao ano en Madrid para reunir a profesionais da neurociencia cun público non especializado. A XV Edición de Neurobeers versará sobre sinestesia e información sensoriomotora.  A exposición de M.ª Teresa Carrillo será o próximo luns 23 de marzo, … Leer más

Dous novos MOOCs abordarán a proxección internacional do Camiño e a topografía xacobea de Compostela

Santiago de Compostela Martes, 18 de marzo de 2025 A Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC impulsa dous novos cursos en liña baixo o formato Massive Open Online Course (MOOC), nos que o conxunto da comunidade universitaria xa pode inscribirse de balde previo rexistro no web no que se enmarca a … Leer más

Lugo Martes, 18 de marzo de 2025 O programa ‘Retorna ao Rural con Campus Terra’ dá pulo á realización de prácticas en empresas ou entidades situadas no rural de Galicia. Dirixidas a estudantado vinculado a este Campus de Especialización da USC, ofertarase preto dunha trintena de bolsas, financiadas polo convenio de colaboración entre a Universidade … Leer más

Diego Peña Gil, novo director científico do CiQUS

Martes, 18 de marzo de 2025 O investigador Diego Peña asumiu estes días a dirección científica do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) relevando así a José Luis Mascareñas, que ostentaba o cargo desde 2014. Este novo nomeamento, que se estende por un período de catro anos prorrogables, chega a … Leer más

“Javier D’Ors era un profesor magnético que nos fixo sentir o Dereito e non só coñecelo”

Luns, 17 de marzo de 2025 Nun salón de graos ateigado de estudantes, profesorado, colegas de profesión e discípulas e discípulos, o profesor Javier D’Ors Lois (1948-2024) recibía hoxe unha homenaxe póstuma na que quedaba constancia da pegada que este catedrático de Dereito Romano deixou neste centro en moitas xeracións. No concorrido acto, que para … Leer más