Xuventude Mentoring amplía o prazo ata o 5 de maio

Xoves, 24 de abril de 2025 O programa Xuventude Mentoring, que xa vai pola sétima edición, vén de ampliar ata o 5 de maio o prazo para inscribirse. A convocatoria diríxese a persoas de entre 18 e 30 anos que teñan cursado estudos universitarios, formación profesional de grao superior ou estudos superiores nas ensinanzas de … Leer más

A artista Cris Romero capta coa súa cámara “a maxia e o silencio” da borraxeira

Mércores, 23 de abril de 2025 A fotógrafa Cris Romero expón dende este mércores 23 de abril na Igrexa da Universidade a mostra ‘Ao mar: perseguindo a borraxeira’, un proxecto que nace en 2020 coa finalidade de incluír todas as súas fotografías que teñen o mar como protagonista secundario. A exposición inaugurárona a vicerreitora de … Leer más

Aínda é posible participar nos Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación

Mércores, 23 de abril de 2025 A USC mantén aberto o prazo para concorrer á nova edición dos Premios á introdución da perspectiva de xénero, financiados polo Concello de Santiago, coa finalidade de fomentar a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación, considerada como unha dimensión de calidade. A admisión de candidaturas … Leer más

A USC restitúe simbolicamente a memoria rosaliana coa plantación dun érbedo no xardín de Fonseca

Mércores, 23 de abril de 2025 Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro, a Cátedra Rosalía de Castro continuou coas súas accións para honrar a memoria rosaliana coa plantación dun érbedo no xardín de Fonseca, que alberga O xardín das pedras que falan, antigo plantío medicinal da Universidade compostelá. A lenda oral que rodea … Leer más

Filoloxía profundará na aprendizaxe de linguas en contornas dixitais no IWoDA’25

Santiago de Compostela Mércores, 23 de abril de 2025 A sétima edición do Obradoiro Internacional de Análise do Discurso de Santiago de Compostela (IWoDA’25) desenvolverase baixo o lema ‘Aprendizaxe de Linguas en Contornos Dixitais’, e terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC os días 9 e 10 de maio. As sesións do obradoiro serán … Leer más

A cuarta edición de Interdixitais fomenta un rol activo das persoas maiores no uso das novas tecnoloxías

Santiago de Compostela Mércores, 23 de abril de 2025 Mellorar as competencias dixitais e o incremento da participación social e activa das persoas maiores é o eixo sobre o que se asenta Interdixitais’25, unha actividade de innovación docente en Aprendizaxe-Servizo (ApS) na que colabora a Cátedra Cruz Roja USC para a mellora da calidade de … Leer más

Unha obra recolle por vez primeira as 704 cantigas de amor transmitidas polos principais cancioneiros medievais

Santiago de Compostela Mércores, 23 de abril de 2025 A profesora do Área de Filoloxía Románica da USC, Mariña Arbor Aldea, é unha das autoras do volume Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor, unha serie dedicada á poesía galego-portuguesa medieval e que se presentará este xoves 24, ás 19.30 horas, a Sala Cubo de Normal, … Leer más

Un estudo no que participa o CiMUS evidencia que o cerebro pode modular a composición da microbiota intestinal

Santiago de Compostela Martes, 22 de abril de 2025 Certas neuronas hipotalámicas son capaces de modificar a composición da microbiota intestinal en ratos en cuestión de horas. Este descubrimento representa un cambio de paradigma que amplía a regulación da microbiota intestinal máis alá da dieta e os ritmos circadianos. Así o constata un estudo liderado … Leer más

A Aula Hospitalaria do CHUS gaña o concurso PIMAga de divulgación matemática

Santiago de Compostela Martes, 22 de abril de 2025 Coa actividade Papiroflexia Matemática: dobrando formas, construíndo coñecemento, a Aula Hospitalaria do CHUS fíxose co primeiro premio do II Concurso PIMAga, unha iniciativa impulsada pola Comisión de Divulgación do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) coa fin de visibilizar e difundir as actividades … Leer más

Un cento de estudantes de Formación do Profesorado pon en valor a docencia a prol da inclusión social

Lugo Martes, 22 de abril de 2025 Comprender unha realidade complexa e diversa que está presente dentro e fóra das aulas. Esta é a meta do Proxecto Interdisciplinario ‘ASerES Lugo: Aprendizaxe-Servizo con Entidades Socioeducativas para a formación de futur@s mestr@s’ no que participou máis dun cento de estudantes da Facultade de Formación do Profesorado. O … Leer más