Solidariedade coas persoas afectadas pola DINA

A USC solidarízase coas persoas afectadas pola DINA, lamenta as perdas humanas e o propio reitor, a través da CRUE, ofreceu nos pasados días todo o apoio que poidan demandar as comunidades universitarias e as institucións académicas radicadas nos territorios afectados.

Tal e como indican as diversas institucións implicadas directamente na xestión da situación, a USC anima a toda a comunidade universitaria a priorizar as doazóns económicas ás organizacións que están traballando nas zonas afectadas. Unha vía, tal e como indica a Federación Española de Municipios e Provincias, son as canles de captación de Cruz Vermella: