Lugo,
Santiago de Compostela
Un total de seis titulacións de grao da USC acaban de ser recoñecidas polo ránking que cada ano o diario El Mundo elabora para establecer a listaxe dos 50 programas máis demandados polo estudantado español e as cinco mellores universidades para cursalos. Así, a Universidade de Santiago de Compostela ocupa o terceiro posto en Óptica e Optometría, así como en Odontoloxía; o cuarto chanzo, en Farmacia e Enxeñaría Química; e o quinto, en Historia e en Nutrición e Dietética.
A clasificación elabórase en base a catro tipos de indicadores. Así, o 30% da cualificación obtida sae dunha enquisa voluntaria, anónima e aleatoria a docentes universitarios. O 50% emana da información subministrada polos propios centros universitarios, mentres que outro 10% xorde da opinión de máis de 100.000 empregadores de todo o mundo. O 10% final procede de información extraída doutros estudos externos.