Madrid, 22 de maio de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á presentación dos Concertos do Xacobeo 2025 no Teatro Eslava de Madrid, un evento que deu continuidade ao acto celebrado pola mañá na Casa de Galicia en Madrid.
A presentación conta coa participación de Carlos Ares, Xoel López e Señora DJ, e estivo precedida pola actuación de Budiño no exterior do Teatro, un espectáculo nas rúas de Madrid, que reafirma a aposta da Xunta pola diversidade de estilos musicais e a atracción dun público variado a Galicia dentro do seu modelo turístico sustentable e de calidade.