Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2025
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu esta tarde á entrega de premios do Gran Camiño’25, que se celebrou no Parque da Alameda, en Santiago.
Rueda acudiu ao final da quinta e última etapa, que se disputou entre Betanzos e Santiago, do Gran Camiño, a carreira ciclista que este ano celebra a súa cuarta edición e que se consolida xa como unha das citas máis importantes do calendario ciclista en España. O presidente participou na entrega de premios, onde o danés Magnus Cort Nielsen recibiu o galardón por levarse a vitoria da etapa, e na que o canadense Derek Guy logrou o triunfo final.