Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 28 de decembro de 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe en Cerdedo-Cotobade na inauguración da escultura Rompendo grillóns, realizada na Escola de Cantería de Galicia, que desde este curso funciona como centro integrado de FP.
A peza é froito dun encargo realizado por este concello pontevedrés para homenaxear aos canteiros da zona que durante anos se congregaban na Alameda de Aguasantas, o lugar escollido para instalar a escultura, que agora pasa a formar parte da memoria e do legado que representa o esculpido da pedra en Galicia, tanto para a obra civil como para a monumental.
Román Rodríguez subliñou a importancia de que o traballo realizado nos centros formativos galegos, como é o caso do hoxe CIFP de Cantería, se poida visualizar por parte conxunto da poboación.