Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2025
Portos de Galicia vén de outorgar unha autorización administrativa a favor da Confraría de Pescadores Virxe da Barca de Muxía, na provincia da Coruña, para a ocupación e xestión da lonxa da localidade, de titularidade do ente público. A autorización contempla un período de vixencia de 10 anos, que poderá ampliarse por 5 anos máis.
O título administrativo contemplará a aplicación da Lei de Taxas de Portos de Galicia que recolle a bonificación do 90% das taxas por construción ou explotación de fábricas de xeo ou lonxas con cámaras de frío. Por este motivo, a confraría aboará 2.626,23 euros anuais polo uso dos 1.132 m2 de superficie da instalación.