Portos de Galicia autoriza o uso do porto de Laxe para a mellora das redes de saneamento e pluviais das rúas real e as rías

Laxe (A Coruña), 27 de abril de 2025

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, resolveu autorizar ao Concello de Laxe a utilización das instalacións portuarias da localidade para realizar as obras de mellora das redes de saneamento e pluviais na rúa Real e na rúa As Rías. A actuación proxectada abrangue parte da zona do areal de Laxe que pertence ao dominio público portuario.

A actuación prevista consiste esencialmente na renovación da rede de saneamento existente nas rúas Real e As Rías e a súa separación da rede de pluviais. No referente á rede de saneamento, instalaranse novas tubaxes conectándoas nun pozo e instalando como medida adicional un caudalímetro controlado telematicamente. Ademais instalarase a rede de pluviais de xeito separado á de saneamento.

En virtude do documento emitido, o Concello de Laxe farase responsable da correcta execución da actuación autorizada e do seu mantemento posteriormente. Portos de Galicia será titular da infraestrutura renovada no tramo da súa titularidade.

Deja un comentario