Portos de Galicia aborda coa confraría de Muros as necesidades dos usuarios do recinto portuario

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025

Portos de Galicia mantén unha intensa axenda de encontros de traballo coas entidades pesqueiras e concesionarios das instalacións portuarias autonómicas co obxectivo de abordar as necesidades actuais así como traballar no deseño de solucións eficaces ás mesmas. Así o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo unha xuntanza co patrón maior, Daniel Formoso, e o secretario da Confraría de Pescadores de Muros, José Antonio Rama, para analizar a situación actual do porto desta vila coruñesa.

O responsable da entidade pública puxo en valor a colaboración entre Portos e o pósito en favor dunha mellor xestión desta infraestrutura portuaria e trasladou a máxima colaboración á hora de abordar as necesidades dos usuarios co obxectivo de reforzar a actividade neste peirao. Ademais, compartiu o agradecemento da confraría ao labor realizado pola Garda Civil coa detención dos responsables do roubo de nasas a profesionais do sector no recinto portuario. Nesta liña, sinalou que resulta crucial a colaboración da cidadanía para resolver este tipo de feitos que permitan garantir a necesaria seguridade nestas instalacións

Deja un comentario