O delegado territorial supervisa as obras de instalación eléctrica de b.t. para a mellora da rede de vídeo vixilancia no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, nas que a Xunta investiu preto de 42.000€
Manuel Pardo salientou que con esta actuación o Polígono Industrial de San Cibrao, deu un paso moi importante na seguridade das empresas, de modo que desenvolvan o seu labor sen riscos nos seus negocios