A Igrexa da Universidade exporá ata o 5 de xaneiro os traballos finalistas nas modalidades de Artes Plásticas e Fotografía do certame de novas creadoras e creadores Xuventude Crea. Este martes déronse a coñecer as persoas gañadoras nun acto no que participaron a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.
En artes plásticas, o primeiro premio foi para Candela Eirea Orro, coa obra Un enriba doutro. O segundo galardón recaeu en Cristian Paz Cerqueira por Escondedoiro, e os dous terceiros premios recoñeceron a Cora Novoa Pérez, con O que ocorre durante rexistros da acción, e Ainoa Simons Alcántara, coa obra «en esta casa viven todas» (colección). Houbo ademais dúas mencións de honra para Paula Labrador Fernández por Pulpeira e para Alejandro Fuertes Sánchez pola obra CABEZA.
En fotografía, o primeiro premio foi para María Alborés Lojo por Non é debilidade é fortaleza. O segundo compárteno Daniel Pérez Domínguez coa obra Pensamentos e Bruno Veloso Iglesías con Bágoas presas. Tamén o terceiro é compartido por Aldara Vázquez Estévez, con Traspasar, e Leire Ramallo Jurado, por Vestixios. Houbo ademais dúas mencións de honra para Alba Amoedo Cal coa obra Esse sine anima e para Iago Lourido Calvo por Quemados.
A mostra, con cerca de 30 traballos, poderá visitarse na Igrexa da Universidade de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.