Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2024
No día de hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde relativa á baremación definitiva e os aspirantes seleccionados nos procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso-oposición para o ingreso nun total de 34 especialidades da categoría de facultativo especialista de área, médico coordinador do 061 e médico asistencial 061.
O número de prazas ofertadas por categoría, que coincide co número de persoas seleccionadas, é o seguinte:
CATEGORÍA/ESPECIALIDADE |
Prazas convocadas |
Facultativo/a especialista en alergoloxía |
3 |
Facultativo/a especialista en anatomía patolóxica |
4 |
Facultativo/a especialista en anestesioloxía e reanimación |
7 |
Facultativo/a especialista en anxioloxía e cirurxía vascular |
6 |
Facultativo/a especialista en aparello dixestivo |
3 |
Facultativo/a especialista en cardioloxía |
12 |
Facultativo/a especialista en cirurxía cardiovascular |
1 |
Facultativo/a especialista en cirurxía oral e maxilofacial |
3 |
Facultativo/a especialista en cirurxía pediátrica |
1 |
Facultativo/a especialista en cirurxía plástica, estética e reparadora |
1 |
Facultativo/a especialista en cirurxía torácica |
1 |
Facultativo/a especialista en cirurxía xeral e aparello dixestivo |
6 |
Facultativo/a especialista en dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía |
4 |
Facultativo/a especialista en endocrinoloxía e nutrición |
1 |
Facultativo/a especialista en hematoloxía e hemoterapia |
3 |
Facultativo/a especialista en medicina física e rehabilitación |
4 |
Facultativo/a especialista en medicina intensiva |
5 |
Facultativo/a especialista en medicina interna |
9 |
Facultativo/a especialista en medicina preventiva e saúde pública |
3 |
Facultativo/a especialista en microbioloxía e parasitoloxía |
1 |
Facultativo/a especialista en nefroloxía |
3 |
Facultativo/a especialista en neurocirurxía |
6 |
Facultativo/a especialista en neuroloxía |
7 |
Facultativo/a especialista en oftalmoloxía |
12 |
Facultativo/a especialista en oncoloxía médica |
5 |
Facultativo/a especialista en otorrinolaringoloxía |
3 |
Facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas |
8 |
Facultativo/a especialista en pneumoloxía |
4 |
Facultativo/a especialista en psicoloxía clínica |
2 |
Facultativo/a especialista en psiquiatría |
5 |
Facultativo/a especialista en radiodiagnóstico |
12 |
Facultativo/a especialista en reumatoloxía |
4 |
Facultativo/a especialista en uroloxía |
5 |
Facultativo/a especialista en xeriatría |
1 |
médico/a asistencial 061 |
1 |
médico/a coordinador/a 061 |
6 |
TOTAL |
162 |
Coa publicación desta resolución ábrese un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, para que os aspirantes que foron seleccionados no proceso presenten documentación correspondente.
As persoas seleccionadas poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas con estes procesos selectivos ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións nin recursos.
Últimas publicacións estabilización
Está previsto que mañá, día 31 de decembro, o Diario Oficial de Galicia publique os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, convocados mediante resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos aspirantes seleccionados.
Deste modo, o Servizo Galego de Saúde cumpre co obxectivo de publicar antes de finais de 2024 a baremación definitiva e a lista de seleccionados nos procesos de estabilización convocados mediante concurso-oposición e concurso de méritos.