O secretario xeral da Emigración fortalece os lazos coa comunidade galega de Madrid cunha xuntanza de Nadal en Alcobendas

Alcobendas (Madrid), 14 de decembro de 2024

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no tradicional xantar de Nadal organizado pola asociación Xuntanza de Galegos en Alcobendas. Ao evento asistiron preto de 120 socios, consolidándose como unha cita fundamental para a colectividade galega en Madrid.

O secretario xeral destacou a importancia destas iniciativas para fortalecer os lazos culturais e sociais entre Galicia e os galegos de fóra da nosa Comunidade. 

Fundada en 1989, a Xuntanza de Galegos en Alcobendas promove a cultura galega e serve de punto de encontro para a comunidade galega na localidade, converténdose nun referente cultural e social en Madrid.

Deja un comentario