O director da Axencia Galega de Infraestruturas participa en Madrid no ‘XX Foro contra la Violencia Vial’ promovido por Stop Accidentes

Madrid, 11 de xuño de 2025

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou hoxe en Madrid no “XX Foro contra a Violencia Vial” promovido pola asociación Stop Accidentes, presidida por Ana Novella Reig.

O foro, celebrado na sede do Ministerio do Interior, contou coa participación do director xeral da DGT, Pere Navarro, así como de recoñecidos expertos en materia de seguridade viaria e mobilidade. Asistiu tamén a delegada de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard, así como Francisco Javier Molano, xeneral da Brigada e segundo xefe da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, e que realizou unha importante labor nos seus anos en Galicia en materia de seguridade viaria.

Deja un comentario