Ourense, 2 de xaneiro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial co presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Barata. O presidente transmitiulle o seu agradecemento polo apoio constante brindado pola Xunta ao deporte do hóckey na provincia ourensá.
Pola súa banda, Manuel Pardo animoulle a continuar o gran traballo dos últimos anos, para seguir coa promoción e crecemento do hóckey galego.