Ourense, 28 de maio de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación do ‘Torneo fútbol cadete Ourense a provincia termal’, que se desenvolverá do 12 ao 15 xuño no estadio do Couto de Ourense. Os equipos participantes serán o Real Club Celta de Vigo, Real Madrid, Athletic de Bilbao, Atlético de Madrid, Oporto Fútbol Club, e Pabellón Ourense Club de Fútbol.