Ourense, 20 de xuño de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá, acompañado dos alcaldes de Baltar e Cualedro, José Antonio Feijóo e Luciano Rivero, e mailo secretario do Club de Parapente de Baltar, Enrique Cuquejo, e o director da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, na presentación do Campionato Galego de Parapente que se desenvolverá do 4 ao 6 de xullo na Serra do Larouco, en Baltar e que contará con 60 participantes.