Ourense, 23 de maio de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá con Thor López, presidente do Colectivo Hércules, ao que lle amosou a total colaboración do Goberno galego na organización de carreiras de obstáculos como son o Uros Race e o Games Series, e destacou a importancia destes eventos na estratexia de promoción do deporte e a saúde en Ourense.