O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo un encontro de traballo co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, para coñecer de primeira man as necesidades deste concello e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos seus proxectos. O encontro enmárcase no compromiso do Goberno galego coas administracións locais a través de distintas liñas de axudas que permitiron este ano o impulso de case 700 iniciativas municipais, cun investimento de 32 millóns de euros.
![](https://biblioteca.cibeles.net/wp-content/uploads/2024/12/o-conselleiro-de-presidencia-xustiza-e-deportes-reunese-co-alcalde-do-porrino_676d3e4d79866.jpeg)