O conselleiro de Cultura lembra a Valle-Inclán e a Díaz Pardo co gallo do aniversario dos seus pasamentos

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, lembrou a Ramón María del Valle-Inclán e a Isaac Díaz Pardo na ofrenda floral celebrada esta mañá no cemiterio de Boisaca para conmemorar o 89 aniversario de Valle-Inclán e os 13 anos do pasamento de Díaz Pardo, soterrados ambos os dous neste cemiterio compostelán. Precisamente, salientou o feito de que neste camposanto tamén repousan os restos de Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero, autores homenaxeados co Día das Letras Galegas.

O representante do Goberno galego, xunto cunha ampla representación institucional, da cultura e familiares dos homenaxeados, puxo en valor a “extraordinaria relevancia no século XX destes dous escritores”. Ao respecto, López Campos incidiu en que máis alá do “enorme talento” destas dúas figuras, “cómpre enxalzar tamén a fonda pegada humana que deixaron entre todos os galegos e galegas”.

Deja un comentario