Medio Rural salienta a importancia da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para o sector vitivinícola galego na XXXII Feira do Viño de Vilachá

A Pobra do Brollón (Lugo), 4 de maio de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe ao pregón da XXXII Feira do Viño de Vilachá, que se está a celebrar ao longo desta fin de semana na localidade lucense da Pobra do Brollón. Alí, salientou a importancia que ten a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, na que se inclúen os viños elaborados nesta zona, para o sector vitivinícola galego.

O director sinalou que, no contexto actual de consumo dos viños tintos, na Ribeira Sacra adquire máis importancia a aposta pola singularidade, a excelencia e a calidade dos caldos, así como a continua profesionalización dos viticultores galegos.

Deja un comentario