Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe unha reunión con representantes da cadea de distribución a nivel nacional Alcampo, para afondar na colaboración con esta empresa á hora de poñer en valor os produtos agroalimentarios galegos nos seus hipermercados.