Santiago de Compostela, 25 de abril de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, entregou hoxe a varios establecementos hostaleiros composteláns, participantes no concurso Santiago (é) Tapas, cadansúa caixa de Experiencias de Calidade. Este obsequio inclúe unha selección de produtos alimentarios galegos amparados por selos de calidade diferenciada.
A Consellería do Medio Rural, a través da devandita Axencia, colaborou na celebración deste certame gastronómico co fin de promocionar os produtos alimentarios galegos con selo de calidade diferenciada entre o sector da hostalería. Nesta edición do concurso participaron unha corentena de establecementos da cidade de Santiago de Compostela.