Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2025
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuníronse hoxe con responsables do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
O encontro serviu para avaliar posibles vías de colaboración entre esta entidade e a Consellería do Medio Rural tanto no eido agroalimentario como no da mobilidade de terras e da dinamización territorial, con vistas a mellorar a cooperación entre estes profesionais e a Xunta a prol do agro galego.