Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo esta tarde unha reunión co alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, para afondar nas vías de cooperación a prol do desenvolvemento rural deste municipio ourensán.
No encontro abordáronse diferentes iniciativas para a posta en valor do territorio mediante as ferramentas recollidas na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Neste sentido, o concello de Paderne de Allariz conta un proxecto de polígono agroforestal en Solbeira, co que se prevé mobilizar unha superficie de 43,36 hectáreas.