Medio Rural e o concello da Peroxa avalían os avances en materia de mobilización de terras

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2025

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde co alcalde do concello ourensán da Peroxa e presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, Manuel Seoane, para avaliar os avances en materia de mobilización de terras nesta localidade.

Neste sentido, a xuntanza serviu para analizar o estado dos polígonos agroforestais proxectados na localidade. Por un lado atópase o de Mirallos, co que se prevén mobilizar 44,52 hectáreas de terreo, e por outro está o de Carballedo-A Peroxa, situado entre o concello ourensán e o lucense de Carballedo, con 25,48. Ademais, na reunión tamén se abordou o avance dalgúns proxectos que contan con apoio do programa Leader para favorecer o desenvolvemento rural.

Deja un comentario