Medio Rural e a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos avalían asuntos de interese para o sector

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión cos representantes da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, encabezados polo seu presidente, José Antonio Liñares.

A xuntanza tivo como obxectivo avaliar e coñecer de preto as necesidades do sector da castaña en cuestións relacionadas coa promoción, as axudas, a formación, o fomento  do consumo deste froito e a recuperación e posta en valor dos soutos tradicionais.

Deja un comentario