Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta tarde unha xuntanza co director do Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, Luís García. Durante esta reunión, na que tamén participou o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, avanzouse en posibles liñas de colaboración en materia formativa entre as tres entidades.
O Centro EFA Fonteboa naceu no ano 1975 e dende aquela imparte ensinanzas de ESO e de Formación Profesional enfocadas á inserción profesional no medio rural. Así mesmo, desenvolve outros programas de formación continua orientados á adquisición e a mellora das competencias profesionais, en resposta ás demandas de formación e de animación detectadas no territorio.