Medio Rural aborda co sector vacún de carne a situación e perspectivas deste eido produtivo

Lugo, 24 de maio de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha reunión de traballo co presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (Acruga), César Dorado, e co presidente do consello regulador das indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Vaca Galega – Boi Galego, Jesús González.

Na xuntanza, que tivo lugar na Delegación territorial da Xunta en Lugo, abordáronse as diferentes liñas de colaboración entre a Xunta e o sector vacún de carne a prol deste eido produtivo clave do rural galego. Así, avaliouse a situación actual e as perspectivas de futuro desta actividade na nosa comunidade autónoma, así como as medidas de fomento e promoción impulsadas pola Xunta para o seu desenvolvemento.

Deja un comentario