Martina Aneiros participa en Ferrol na recepción oficial á selección española feminina de fútbol sala sub-19 previa ao partido contra Finlandia

Ferrol, 31 de marzo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no Concello de Ferrol na recepción oficial ás xogadoras e corpo técnico da selección española feminina de fútbol sala sub-19 que mañá disputará un partido preparatorio contra Finlandia -19,00 horas, pavillón da Malata-, un dos dous que dirimirá estes días en Galicia.

Na súa intervención, Aneiros puxo en valor o gran nivel no que se atopa o fútbol sala en Galicia e destacou a presenza de tres xogadoras galegas na convocatoria de España. Incidiu en que o deporte é un obxectivo prioritario para a Xunta de Galicia pola promoción dos seus valores e hábitos de vida saudables e subliñou a importancia de darlle visibilidade ao traballo da selección como referente para todas as mozas e mozos.

Deja un comentario