Ferrol, 27 de marzo de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, felicitou aos fotoxornalistas ferroláns José Pardo e Jorge Meis pola exposición colectiva Diálogos que desde hoxe, e ata o próximo 27 de abril, poderá visitarse na Fundación Exponav co apoio da Xunta de Galicia.
A delegada territorial destacou o traballo destes dous profesionais “pola súa mirada sensible e comprometida” e puxo en valor o fotoxornalismo e a súa capacidade de repercutir no turismo e na proxección da riqueza dos territorios, neste caso a cidade de Ferrol.
A exposición Diálogos que está comisariada polo artista Eduardo Hermida, está formada por medio centenar de instantáneas que recollen os contrastes e matices dunha cidade e as súas representacións máis características como a Semana Santa, o naval ou o seu patrimonio militar. Trala súa estadía en Ferrol a mostra viaxará a Santiago e a Madrid.