Martina Aneiros enxalza a Semana Santa ferrolá como “motor cultural e turístico” da cidade durante a presentación do cartel deste ano

Ferrol, 17 de xaneiro de 2025.- A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde no Antigo Hospicio, na presentación oficial do cartel da Semana Santa de Ferrol 2025, paso previo á que terá lugar a próxima semana na Feira Internacional de Turismo Fitur.

Aneiros enxalzou a celebración como “motor cultural e turístico” da cidade e destacou o respaldo do Goberno galego ao único evento de Interese Turístico Internacional de Ferrol. Na súa intervención, puxo en valor a colaboración entre as administracións e tecido social, “o que nos sitúa no camiño correcto para fortalecer a marca turística de Ferrol como parte esencial da marca Galicia”, sinalou.

A delegada territorial recoñeceu ademais o traballo que durante todo o ano levan a cabo as cinco confrarías coordinadas pola Junta General e felicitou especialmente á irmandade do Santo Enterro pola imaxe que ilustra o cartel deste ano que cualificou como “unha xanela aberta á emoción e á beleza da Semana Santa ferrolá”.

Deja un comentario